Impulsando a integración da biomasa no modelo produtivo local mediante comunidades enerxéticas no rural de Galicia e o Norte de Portugal
Aldealix é un proxecto que expón o impulso de comunidades enerxéticas baseadas en biomasa no territorio rural (aldeas) da Eurorrexión como unha alternativa viable para producir enerxía de proximidade e promover a autosuficiencia enerxética a partir do aproveitamento da biomasa que se xeran localmente. Así, promove a creación dunha solución integral para o abastecemento de necesidades térmicas de vivendas e edificios públicos mediante a creación de pequenas redes de calor a través da implantación de 4 proxectos piloto a modo de experiencias prácticas nos concellos de Monterrei (Ourense) e Cerdedo – Cotobade (Pontevedra) e nas cámaras municipais de Vila Pouca de Aguiar e Arcos de Valdevez (Portugal).
Ademais, para o impulso deste tipo de comunidades, grazas a Aldealix crearase unha Rede transfronteiriza de impulso da bioenerxía e unha Oficina Transfronteiriza de Asesoramento e Formación para o impulso de comunidades enerxéticas rurais.
Máis información na web doproxecto: Aldealix.eu