O vindeiro 3 de maio, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza as segundas xornadas técnicas correspondentes ao ano 2019.
O evento leva por título “Mantenemento do solo do viñedo: alternativas ao uso de herbicidas” e desenvolverase no salón de actos da Casa da Cultura de Albarellos (Monterrei – Ourense) en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Concello de Monterrei, a Fundación Juana de Vega e o CRDO Monterrei.
O prazo de inscrición rematará o día 2 de maio. Pode descargar aquí o programa e a folla de solicitude:
https://evega.xunta.gal/es/xornadas-tecnicas-mantemento-do-solo-do-vinedo-alternativas-ao-uso-de-herbicidas/
Relacionado