arquitectura Civil

Hospital de Peregrinos. . Monterrei (Santa María)

Accédese seguindo a mesma ruta que tomamos para o castelo. Na suba ao devandito castelo, atopamos a man esquerda un sendeiro que nos leva ata a porta do Hospital de Peregrinos.

Este hospital estaba situado dentro do recinto do Castelo de Monterrei. Foi, fundado por D. Gaspar de Zúñiga, só se conserva a súa portada. É de arco de oxiva, abuciñado con catro arquivoltas. No tímpano Xesucristo triunfante entre as figuras do Tetramorfo, e na clave do arco un anxo cabeza abaixo. Nas enxutas variada decoración e pedras de armas de fundador. O arco está flanqueado polas figuras da Anunciación baixo doseis oxivais.

 

Pazo de Espada. Vilaza, Vilaza (San Salvador) 

O acceso faise seguindo a N-525, se circulamos en dirección Ourense. Unha vez pasado a vila de Pazos xírase á esquerda e lévanos a vila de Vilaza (a uns 3 km do desvío). O Pazo está a beira do regato de Vilaza e fronte ao Pazo de Limia. 

Consta este pazo dun gran edificio de planta de escadra. Presenta na fachada un bo escudo entre dúas ventás e dous balcóns. Ábrese á dereita con galerías. A entrada ao terreo e casa realízase por un portalón que ten un amplo plinto triangular con escudo e rematado en pináculos

 

Pazo de Limia Vilaza, Vilaza (San Salvador) 

Situado fronte ó anterior 

Todo o terreo está rodeada por un murallón baixo e portalón de entrada coroado cun reloxo de sol. Na fachada principal, rodeado por ménsulas, unha solaina con cuberta e unha galería acritalar. Posúe unha interesante pedra de armas rodeada de decoración barroca. Sobresae na cuberta unha cheminea de sección transversal trapezoidal. Sufriu moitas modificacións e actualmente está dividido . A súa forma aproxímase a un rectángulo cunha torre cadrada pegada.