Benvidos á páxina web do Concello de Monterrei.
Esta nova etapa na web municipal ofrécenos a oportunidade de coñecer un pouco mellor o noso concello.
Invitámosvos, pois, a todos, veciños e visitantes, a un percorrido polas aldeas e lugares máis significativos do noso municipio. Aquí tedes ao voso dispor uns apuntamentos sobre a historia, as tradicións e a xeografía de Monterrei que vos amosarán por que estamos orgullosos do que temos e, en definitiva, do que somos.
As fotografías axudarán a cumprir esa función didáctica de lembranza do noso pasado e de mostra do noso presente.
Tedes tamén ao voso dispor información sobre a actividade municipal. Queremos que esta páxina contribúa a facer máis cercano a todos os veciños o traballo da Corporación e dos traballadores do Concello. O obxectivo é que a vida política e administrativa estea aberta á cidadanía.
Pero a nosa intención vai máis aló de crear un escaparate ao que asomarse e contemplar. Esta páxina foi creada tamén para ser empregada coma un instrumento ao voso servizo: abrirémosvos non a ventá, senon a porta desta casa da que todos formamos parte. Por iso vos invito non só a que olledes, senon a que pasedes. Así que animádevos e deixade as vosas consultas, comentarios e suxestións no buzón do cidadán. Trataremos de darlle resposta o máis axiña posible.
En definitiva, o que queremos é que vós sexades partícipes deste concello que entre todos estamos a construír. Transparencia e participación serán as guías do labor municipal de cara ao futuro.
O alcalde
José Luis Suárez Martínez