A partires do domingo 27 de outubro a oficina de turismo de Monterrei prestará os seus servizos en horario de mércores a domingo de 10:30 a 18:00h.
As visitas guiadas manteñen o seu horario de mércores a domingo ás 11:00hrs. e de venres a domingo, tamén pola tarde, ás 16:00hrs. Ambos turnos previa reserva na propia oficina de turismo. Ampliando ó horario de fin de semana, con visitas ás 11.00hrs. e ás 16h. en festividades que coincidan fora do mesmo
.
En horario de apertura da oficina de turismo poderase visita-la torre da Homenaxe, dende ás 11:45h e ata as 17:45h.
Xunto ca sala espositiva da Trindade, con exposición de obras do VII Concurso de Pintura ao Aire libre en Monterrei, e a igrexa de Santa María de Graza, baixo demanda.
Comunicar que se están a preparar distintas activididades para as vindeiras datas, como o VI Paseo Micolóxico pola Vila de Monterrei o vindeiro 16 de novembro. Actividade de balde, aínda que precisa inscripción na oficina de turismo de Monterrei.
Relacionado