Esta actividade enmárcase no programa de actuación 2023-2024 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para o fomento do cooperativismo e a economia social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social.
Modalidade: Xornada presencial.
PRAZAS LIMITADAS
Data: 01 de marzo do 2024
Hora: 09:30 – 14:30h.
Lugar: Hotel OCA Puerta del Camino: rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n. Santiago de Compostela.
Para inscribirse é necesario completar este formulario.
O 1 de marzo terá lugar unha xornada dedicada ao cultivo de oliveiras en Galicia, de 09:30 a 14:30 horas en Santiago de Compostela (Hotel OCA Puerta del Camino, rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n).
Ademais de acoller unha presentación de Oligalicia, Grupo Operativo del Olivar en Galicia, a xornada abordará a recuperación de variedades de oliveira en España e mostrará as experiencia de especialistas e profesinais do sector, entre quen se contan entidades investigadoras coma o Centro Tecnolóxico da Carne e o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, produtores como a cooperativa Proligal, ou as empresas aceiteiras Ouro de Quiroga, CentoXCento e Aceites Abril.
O programa previsto está dispoñible en formato PDF aquí
Programa
09:30 – Recepción, rexistro e entrega de documentación a participantes. Presentación dos obxectivos da Xornada.
Higinio Mougán. Director-xerente de AGACA
10:00 – Habilidades emprendedoras nas Oliveiras en Galicia.
– Ramón Pulgar. Experto oleólogo da Asociación de Asesores de Explotaciones Agrarias ADAEXA.
– César Iglesias. Director da Fundación INFIAR.
– Patricia Reboredo. Profesora da Universidade de Vigo.
Presenta: María José Salgado. PROLIGAL, S.Coop.Galega
11:00 – Presentación do Grupo Operativo das Oliveiras en Galicia, OLIGALICIA.
Lucio García. Xefe Investigación do Centro Tecnolóxico da Carne.
11:20 – Recuperación e estudo das variedades de oliveiras en España.
– Angjelina Belaj. Investigadora IFAPA-Córdoba.
Presenta e modera: Ramón Pulgar.
11:50 – Descanso para café.
12:15 – Experiencias produtivas de olivas.
– Armindo Lopes. Olivicultores Izeda-Portugal.
– Alfonso Rodríguez Udías. Presidente da Asociación de Productores de Aceite y Aceituna de Galicia.
– José M. González. PROLIGAL, S.Coop.Galega.
– Manuel Riveiro. Investigador Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo – Salceda.
Modera: Xoán Couto. PROLIGAL, S. Coop. Galega.
13:15 – Experiencias produtivas e transformadoras de olivas en Galicia.
– Alberto Fernández. Produción de Aceites ABRIL.
– Julio Quiroga. CEO de OURO de QUIROGA.
– Miguel Rodríguez. CEO de CENTOXCENTO.
Modera: José Pérez. PROLIGAL, S. Coop. Galega
14:00 – Clausura da xornada.
– Xoán Couto. PROLIGAL, S. Coop. Galega.
– Carmen Rodríguez. Presidenta de AGACA.
– José L. Cabarcos. Director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, AGACAL.
14:30 – Fin da xornada
Relacionado