CO300A – Subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesanal – 2024
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=CO300C&ano=2024&numpub=1&lang=gl
Data de publicación: 02/02/2024
Data de inicio solicitude: 03/02/2024
Data de remate solicitude: 30/09/2024
Obxecto
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das subvencións para a transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e artesana.
Características da axuda
Actuacións subvencionables para comerciantes retallistas con tenda física
1. Liña de dixitalización comercial.
a) Programa e-commerce I (comerciantes retallistas sen páxina web).
b) Programa e-commerce II (comerciantes retallistas con páxina web, con ou sen venda en liña, que teñan implantado o programa e-commerce I).
A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído)
2. Liña de innovación comercial.
a) Programa smart retail (comerciantes retallistas que teñan implantado o programa ecommerce I e, no seu caso, páxina web con venda en liña).
b) Programa visual merchandising (comerciantes retallistas que teñan implantado o programa e-commerce I).
A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído)
3. Liña de modernización comercial.
a) Programa eficiencia.
b) Programa reforma.
c) Programa equipamento.
A porcentaxe da subvención será o 60 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído).
Actuacións subvencionables para obradoiros artesáns
1. Liña de dixitalización comercial.
a) Programa e-commerce I (obradoiros artesáns sen páxina web).
b) Programa e-commerce II (obradoiros artesáns con páxina web, con ou sen venda en liña, que teñan implantado o programa e-commerce I).
A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído)
2. Liña de innovación comercial.
a) Programa smart retail (obradoiros artesáns con tenda física que teñan implantado o programa e-commerce I e, de ser o caso, páxina web con venda en liña).
b) Programa visual merchandising (obradoiros artesáns con tenda física que teñan implantado o programa e-commerce I)
A porcentaxe da subvención será o 75 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído).
3. Liña de modernización comercial.
a) Programa eficiencia (obradoiros artesáns con tenda física).
b) Programa reforma (obradoiros artesáns con tenda física).
c) Programa equipamento (obradoiros artesáns con ou sen tenda física).
A porcentaxe da subvención será o 60 % dos seguintes investimentos máximos subvencionables (IVE excluído).
Persoas beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas que, en todo caso, cumpran cos requisitos establecidos en cada caso (comerciantes retallistas e obradoiros artesán).
Relacionado