TR357B- Programa de axudas para implantar a responsabilidade social empresarial (RSE) – 2024
Data de publicación: 06/02/2024
Data de inicio solicitude: 07/02/2024
Data de remate solicitude: 06/03/2024
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR357B&ano=2024&numpub=1&lang=gl
Obxecto
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas e incentivos a pemes, a persoas traballadoras autónomas con persoas traballadoras a cargo para adoptar medidas de corresponsabilidade e de conciliación da vida familiar, persoal e laboral.
Características da axuda
Subvencionarase a obtención dunha certificación ou informe de verificación ou validación de códigos de conduta, normas ou estándares en materia de responsabilidade social empresarial. Poderán ser as que se relacionan ou equivalentes: empresa familiarmente responsable-EFR (conciliación); global reporting initiative (GRI); united nations global compact (Pacto mundial); ISO 37301; SGE 21; Global Accountability 1000 (AA 1000); EMAS, ISO 14000 (ambiente); ISO 16064; UNE-ISO 21401; ISO 50001; SA 8000, IQNet SR10, Bequal (discapacidade), ISO 45001 (seguridade e saúde laboral), certificación empresa saudable, así mesmo, selo de horarios racionais (SHR).
A contía da axuda será o pagamento do 80% da totalidade dos custos da certificación obtida cun máximo de 2.000 € por empresa.
A porcentaxe subvencionable dos custos de consultoría non poderá exceder o 30% da subvención.
Persoas beneficiarias
As empresas solicitantes poderán ser pemes ou persoas traballadoras autónomas que teñan subscritos un mínimo de 5 contratos con persoas traballadoras por conta allea con domicilio social e centro de traballo en Galicia, calquera que sexa a súa forma xurídica, e que estean validamente constituídas no momento de presentar a solicitude de axudas.
Relacionado