TR802G – Fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais – 2024
Data de publicación: 01/02/2024
Data de inicio solicitude: 02/02/2024
Data de remate solicitude: 16/09/2024
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR802G&ano=2024&numpub=1&lang=gl
Obxecto
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas para apoiar o emprendemento en economía social e establecer incentivos para o fomento da incorporación de persoas socias traballadoras ou de traballo en cooperativas ou sociedades laborais, con carácter indefinido ou a proba.
Características da axuda
Por cada persoa que se incorpore con carácter indefinido e a xornada completa, a subvención ascenderá a 6.000,00€ con carácter xeral.
Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:
a) Un 25% se a persoa incorporada é unha muller.
b) Un 25% se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Un 25% se a persoa incorporada ten unha discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral que cumpra as condicións definidas.
d) Un 25% se a persoa incorporada ten máis de 45 anos.
e) Un 25% se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada.
f) Un 25% se a persoa ten a condición de trans.
g) Un 25% no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
h) Un 25% se se trata dunha cooperativa xuvenil.
i) Un 25% se se trata de unha entidade de nova creación constituída inicialmente con catro ou máis persoas socias traballadoras.
Para a aplicación dos citados incrementos teranse en conta as circunstancias que consten acreditadas no momento de ditar a proposta de resolución.
Por cada mozo ou moza incorporada como persoa socia traballadora ou de traballo a proba a subvención ascenderá a 600,00 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses.
Cando a dedicación sexa a tempo parcial ou en condición de fixo descontinuo, a contía dos incentivos previstos nos números anteriores reducirase ao 50%.
A contía máxima que poderá ser concedida a unha entidade beneficiaria por subvencións con cargo a este programa será de 67.500,00 €.
Persoas beneficiarias
Poderán acollerse aos incentivos previstos neste programa as cooperativas e sociedades laborais que incorporen como persoas socias traballadoras ou de traballo con carácter indefinido, en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Relacionado