TR802J – Fomento do acceso á condición de persoa social – 2024
Data de publicación: 01/02/2024
Data de inicio solicitude: 02/02/2024
Data de remate solicitude: 16/09/2024
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=TR802J&ano=2024&numpub=1&lang=gl
Obxecto
Esta Orde ten por obxecto publicar as bases e a convocatoria das axudas ao fomento do acceso á condición de persoas socias traballadoras ou de traballo, de cooperativas ou de sociedades laborais, así como ao fomento do acceso de persoas emprendedoras por conta propia á condición de socias de cooperativas. Este acceso facilítase mediante o financiamento das achegas económicas ao capital social que debe desembolsarse para a incorporación como socio ou socia.
Características da axuda
As subvencións previstas neste programa poderán ascender ás contías seguintes:
a) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 30.1, alíneas a), b) c) e d), e no artigo 30.2, ata 6.000,00€..
b) Para as persoas beneficiarias previstas no artigo 30.1, alínea e), ata 3.000,00€.
As contías sinaladas no punto anterior incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:
a) Un 25% se a persoa beneficiaria é unha muller.
b) Un 25% se a persoa beneficiaria ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
c) Un 25% se a persoa incorporada ten unha discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral que cumpra as condicións definidas.
d) Un 25% se a persoa beneficiaria ten máis de 45 anos.
e) Un 25% se a persoa beneficiaria ten a condición de emigrante retornada.
f) Un 25% se a persoa ten a condición de trans.
g) Un 25% no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural.
h) Un 25% se se trata dunha cooperativa xuvenil.
i) Un 25% se se trata de unha entidade de nova creación constituída inicialmente con catro ou máis persoas socias traballadoras. Para a aplicación dos citados incrementos teranse en conta as circunstancias que consten acreditadas no momento de ditar a proposta de resolución.
Cando a dedicación da persoa incorporada sexa a tempo parcial ou en condición de fixa descontinua nos termos previstos, a contía máxima dos incentivos previstos nos puntos anteriores reducirase ao 50%.
As contías referidas nos puntos anteriores en ningún caso poderán ser superiores ás que subscriba o socio ou socia en concepto de achega de capital social e cota de ingreso, ou de accións ou participacións sociais, segundo o caso, pola súa incorporación.
Para estes efectos, o importe subvencionable da achega económica ao capital social é o que conste nos estatutos sociais, nas escrituras ou por acordo da asemblea como achega obrigatoria mínima no momento da súa incorporación.
Unicamente se terán en conta os importes desembolsados durante o período recollido na convocatoria para a subvencionabilidade do gasto, sempre que, como mínimo, se suscribise e desembolsase o 25% mínimo legal establecido.
Así mesmo, no suposto previsto no artigo 30.1.e), a contía da subvención, sumada á que, de ser o caso, percibise a persoa beneficiaria con motivo da súa incorporación como socia a tempo parcial, non poderá superar as contías establecidas no artigo 31.1.a)
Persoas beneficiarias
Poderán ser persoas beneficiarias deste programa de subvencións as persoas que accedan á condición de persoa socia traballadora ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral con carácter indefinido, que desenvolvan a súa actividade nun centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia e que no momento da súa incorporación cumpran algunha das condicións seguintes:
a) Ser persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
b) Ser persoas socias a proba da cooperativa á cal se incorporan.
c) Ser persoas asalariadas da cooperativa ou sociedade laboral á cal se incorporan.
d) Ser persoas asalariadas dunha empresa que se transforme nunha cooperativa ou sociedade laboral, sempre que non teñan a condición de socias da empresa transformada.
e) Ser persoas socias traballadoras ou de traballo dunha cooperativa ou sociedade laboral a tempo parcial que accedan á mesma condición a tempo completo.
Tamén poderán ser beneficiarias as persoas que, sendo desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen nunha cooperativa como persoas socias con carácter indefinido, con compromiso de exclusividade, para comercializaren os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen, sempre que teñan o seu domicilio social e fiscal en Galicia.
A incorporación como persoa socia na cooperativa deberá producirse dentro do período de execución establecido. Entre o inicio da actividade por conta propia e a dita incorporación non poden ter transcorrido máis de dous anos..
Relacionado