A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda vén de financiar con 4.000 € a asistencia técnica na elaboración dun Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES) do Concello de Monterrei. Esta axuda foi concedida ao abeiro da Orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da segunda convocatoria para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sustentable, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Os obxectivos perseguidos son, por unha parte, a redución de emisións de gases efecto invernadoiro, perseguindo a idea de acadar a neutralidade climática para o ano 2050 e, por outra, a adaptación ao cambio climático, definida a partir dunha avaliación de riscos, vulnerabiliades e fortalezas, para limitar los impactos detectados en cada un dos sectores vulnerables.
Relacionado