O Concello de Monterrei está a colaborar coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia no desenvolvemento do proxecto CEDIM, Rede Transfronteiriza de Centros de Dinamización Integral para as Mulleres na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Este proxecto europeo está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional a través do Programa de Cooperación Transfronteiriza entre España e Portugal 2007-2013.
O principal obxectivo deste proxecto diríxese a promover redes de cooperación e colaboración para impulsar políticas de igualdade no territorio raiano dunha maneira coordinada, a través dos Centros Cedim
Dentro das accións previstas recóllese o deseño dun Plan de Dinamización Integral dos Centros da Rede, unha ferramenta esencial para orientar o funcionamento dos ditos espazos. Un dos primeiros pasos na súa elaboración é procurar a colaboración e participación das institucións e axentes clave do territorio, motivo polo cal se vai celebrar un Foro o próximo xoves 27 de setembro ás 20:00 na Casa da Cultura do Concello de Monterrei, Rúa Progreso 112, Albarellos. Este foro ten como obxectivo ser un espazo de encontro onde institucións, entidades e cidadanía formulen necesidades e propostas dirixidas a aproveitar sinerxias e a crear redes de colaboración que nos permitan promover a igualdade, mellorar a calidade de vida e dinamizar social e laboralmente as mulleres do territorio.
Como quera que o obxecto de este foro é de grande interese para todos os que traballamos en prol da igualdade entre mulleres e homes de algún xeito, é polo que pola presente gustaríanos contar coa presenza e colaboración de todas as institucións, profesionais, asociacións e cidadáns para a difusión do amentado evento.
Relacionado