POLÍTICA DE PRIVACIDADE
www.monterrei.es é un dominio de internet de titularidade do Concello de Monterrei, Rúa Fontiñas 2, 32618 Albarellos de Monterrei, Ourense, Tlf.: 988 41 80 02, Fax.: 988 42 57 00, e-mail: concello@monterrei.es
De conformidade coa vixente Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos, o Concello de Monterrei informa que na web www.monterrei.es non se solicitan nin se recollen datos de carácter persoal. Porén, ofrecémoslle a posibilidade de poñerse en contacto con nós a través do correo electrónico, sen que en ningún caso se almacenen os seus datos nun ficheiro organizado.
O Concello de Monterrei informa que, cando se empregue o seu enderezo electrónico como medio de comunicación, entenderase que o usuario está prestando o seu consentimento para que o Concello de Monterrei trate os datos de carácter persoal que lle foran facilitados para presta-lo servizo específico solicitado. O Concello de Monterrei garante que en ningún caso se empregarán ditos datos con distinta fin.
O Concello de Monterrei conta con tódolos medios para garanti-la seguridade e protección dos seus sistemas de información e dos datos facilitados polo usuario. Nalgúns casos, pódense utilizar testemuñas que recollan información sobre as preferencias de navegación do usuario. As testemuñas non proporcionan nin o nome do usuario nin ningún outro dato persoal, a menos que se facilitase voluntariamente. O usuario pode configura-lo seu navegador para ser avisado da recepción de testemuñas e para impedi-la instalación das mesmas no seu disco duro.
O uso dos servizos ofrecidos na presente web site por menores de idade ten que ser previamente autorizado polos seus pais, titores ou representantes legais, xa que teñen a consideración de responsables dos actos que realicen os menores ó seu cargo.
Queda prohibida a utilización indebida ou non autorizada da información que contén esta web. O incumprimento desta prohibición así coma os prexuízos que se poidan ocasionar pode dar lugar ó exercicio das accións que legalmente corresponda efectuar e, se procede, á responsabilidade que de dito exercicio se deriven.