O Patrimonio da Auga
EN GALICIA ATÓPANSE unha gran variedade de augas minerais debido a diversidade de terreos que nela existen, constituídos por todas las clases de rochas.
Na ampla depresión de Monterrei e Verín, e relacionados coa longa fractura de Laza, existe unha gran riqueza de augas minerais, que deron lugar a cinco importantes balnearios dos que hoxe só hai uns cantos nos que se empregan as súas augas para bebidas envasadas.
Un destes mananciais abandoados é o situado no lugar de Requeixo, que tamén tivo pranta de envasado, sendo as súas augas bicarbonatadas sódicas e a súa temperatura de 20,5°C. Non funciona desde 1961.
Quedan restos dos seus xardíns bordeados de barandas brancas e as paredes do seu hotel que polo aspecto suponse foi un edificio elegante. Máis arriba seguindo o curso da auga chégase a unha zona de rochas onde nace o manancial.
Características máis definidas deste manancial atopámolas de seguido:
- Foi declarada de utilidade pública en 1906. Caudal de 83 litros/minuto, temperatura de 24ºC. Auga transparente, incolora, inodora de sabor lixeiramente alcalino (mineralización media), bicarbonatado sódicas, fluoradas e litínicas.
- Excelente para problemas de pel e reumáticos, con baños e técnicas externas.
- O manancial nace de abaixo a arriba (cuberto por pedras, como unha fonte rústica).
- Caudal constante, non moi abundante e de temperatura fría. Envasada conserva as súas propiedades, olor e sabor menos de 24 horas.
Preto de aquí, facendo un percorrido pola comarca, podemos atopar outros catro mananciais, tres dos cales contan cun aproveitamento comercial e son os de: Sousas, Fontenova e Cabreiroá.
Aproveitando Monterrei como punto de estancia podemos achegarnos ata calquera deles.